MUP-REPUBLICANOS, de Arévalo, se identifica plenamente con esta posición.

Non estamos de acordo coa decisión da maioría da dirección de CC.OO. de non ter convocado xá unha folga xeral para Xaneiro 2011, e pola contra de sí ter aceptado entrar nunha negociación co Goberno e a Patronal sobre a reforma do sistema de pensións e outros asuntos que afectan aos dereitos laboráis, económicos e sociáis da clase traballadora. Se nos poderá decir que é unha obriga sindical negociar sempre e ata onde sexa posible para evitar a perda de dereitos dos traballadores, e para non regalar o argumento fácil ao Gobeno e aos empresarios de que a ausencia  sindical nas mesas de negociacións impide despóis o dereito a criticar e opoñerse aos acordos que as outras partes adopten. Pero o certo é que esa disposición a levar ás mesas de negociación as reivindicacións e dereitos dos traballadores  cando menos pode decirse que non vái respaldada coa suficiente forza e determinación si se acepta “ralentizar” a movilizacvión obreira. o que unido á despolitización da loita que as direccións de CC.OO.e UGT se empeñan en impoñer, nos colocan nunha situación de debilidade contra as políticas que combatimos coa  exitosa Folga Xeral de Setembro,  e que centenares de miles continuamos rexeitando nas manifestacións do 18 de Decembro. Si se dan pasos atrás nas medidas de presión, si se  acepta a imposición do Goberno de non falar alto e claro a favor da Folga xeral, só se fortalece a confusión, a división e a desmoralización entre a clase traballadora.

A nosa militancia  forma parte activa  do movimento sindical en xeral e de CC.OO.en particular. Temos a nosa cuota de esforzo no éxito das accións de loita obreira. TEMOS O DEREITO E MESMO A OBRIGA de dar a nosa opinión e de chamar a que ésta sexa apoiada  pola afiliación no seo das organización sindicáis e polo conxunto da sociedade. EMPLAZAMOS as Direcións de CC.OO. e UGT  a  NON  ASINAR ACORDO ALGÚN QUE SIQUERA MÍNIMAMENTE IMPLIQUE UN PASO ATRÁS NOS DEREITOS LABORÁIS E SOCIÁIS DA CLASE OBREIRA. Antes ben, só podería asinarse aquel acordo QUE DE VERDADE IMPLIQUE MELLORAR OS NOSOS DEREITOS e non un simple “mal menor” sobre as medidas que  o Capital e o seu Goberno tentan impoñernos. Dentro e  entorno ás organizacións sindicáis CC.OO. e UGT  están hoxe organizados ou se movilizan a inmensa maioría dos/as asalariados/as do estado español. Non imos a marxinarnos desa inmensa forza que ben organizada e orientada é a única que, xunto con outras organizacións, pode plantar cara á ofensiva do Capital e pasar a respaldar a acción política de choque contra o seu poder e para esixir cambios profundos a favor do pobo. Por iso, sin caer  no desánimo imos a continuar  o noso traballo politico para aumentar a nosa influencia e o noso peso, para poder influir realmente na toma de decisións, para non perder as posicións que temos avanzado dentro de CC.OO. e outras organizacións do movimento obreiro que aspiramos a dirixir. Pero NON  IMOS A OCULTAR AS NOSAS DISCREPANCIAS, que se manifestarán con maior intransixencia  na medida que as direccións sindicáis non se sitúen no camiño da loita que esixen o momento e a maioría da militancia, e se empeñen en practicar  unha política de “concertación” que xá só significaría cobardía e sumisión.

Hoxe xá non chega que nos movilicemos por reivindicacións de tipo exclusivamente sindical. Temos  que amenazar o poder da clase enemiga, temos que erguer un frente político que teña o maior apoio posible para esixir un programa de revindicaciósn e reformas contra o capital e os seus instrumentos de poder: nacionalización da banca, expropiación do capital, nacionalización e control popular da industria e dos recursos enerxéticos e  naturáis, eliminación da supeditación da nosa economía á especulación dos grupos financieiros internacionáis, adicar todos os medios económicos e financieiros aos desenvolvimento inmediato da economía productiva e da creación de emprego….Apoiános, organízate con nós.

Anuncios