Gran éxito da Folga Xeral na comarca de Arousa. Ademáis do seguimento do paro nas empresas, que sobrepasóu o 90% nas de máis de 50 traballadores/as, e o 80% ao computar o total das empresas, en Vilagarcía a práctica totalidade dos comercios e hostelería tamén pechóu.

E digan o que digan, nun alto pocentaxe por motivos de solidadiedade e apoio a unhas demandas sociáis e laboráis que benefician a todos os que vivimos dun salario ou teñen un pequeno negocio. A manifestación convocada por CC.OO. e UGT tivo unha asistencia de 3.000 persoas, e a militancia de EU participamos formando un bloque numeroso e combativo, no que había moitos xóvenes. Como xá saben ben os e as traballadores/as de Arousa, a nosa organización política tivo unha gran contribución a esta movilización obreira que fói a Folga Xeral;

 ademáis de que boa parte da actividade do grupos municipáis de Vilagarcía e O Grove centróuse nesta tarefa, levamos meses informando na rúa sobre as nefastas consecuencias para o pobo das políticas do Goberno Zapatero, animando á participación en tódas as manifestacións e accións que se levan feito: 8 de Marzo contra o pensionazo, 1 de Maio, 8 de Xuño contra a “reforma laboral”, 30 Xuño e 12 Setembro en Santiago, asambleas de delegados/as sindicáis en Vilagarcía, Madrid e Santiago, caravana de coches para anunciar que a Folga ía a ser masiva, pegadas continuas de cartéis nosos e de CC.OO… O 25 de Setembro fixemos un acto propio en Vilagarcía que tivo amplia repercusión. Tamén a militancia de EU e os comunistas estivemos dende a tarde do día 28 nos piquetes organizados por CC.OO., e a maioría estivemos toda a noite e toda a mañán do 29 nesa actividade tan necesaria para contrarrestar o “piquete” empresarial, para axudar aos traballadores desprotexidos para exercer o seu dereito á Folga e para parar aos esquiroles. Temos que destacar que constatamos cómo a auténtica natureza do PSOE -lacaio do capital e da patronal- está cada vez máis clara para cada vez máis obreiros e obreiras. A manifestación enteira coreóu con gran forza a consigna “PSOE e PP a mesa merda é”, o que destacóu a prensa local. Agora a por máis movilización, a crear maís conciencia de clase para defendernos da explotación e das agresións do PSOE,do PP, da banca, da patronal… para ser máis fortes na nosa loita polo cambio revolucionario, pola república e o socialismo.

Fuente: Esquerda Unida de Vilagarcía

Anuncios