La Plataforma   

Domingo, 04 de Julio de 2010 22:47

 O venres 25 de Xuño  José Blanco,  ministro de Fomento do Goberno antisocialista, antiobreiro e pro banqueiros- CEOE de Zapatero, estivo en Vilagaría ás catro da tarde para inaugurar un tramo de autovía que vái conectada ao Porto da cidade.

Este acto estaba preparado como un acto de autobombo e reclamo electoral, ao que o PSOE convocóu a toda a súa “tropa” comarcal, que por certo fói bastante exigua. Tamén acudiron “autoridades”  do PP, que o día anterior organizaran co Presidente da Diputación Provincial o seu propio acto de “queda inaugurado…” noutro tramo de autovía.
Póis ben, Juan Fajardo, Ramón Bueno e Dolores Cuevas, concelláis de EU en Vilagarcía,  convidados por escrito á inauguración polo Subdelegado do Goberno,  foron “interceptados” pola Guardia Civil e retidos a uns 100 metros do lugar do acto debido a que tiñan ordes de que os nosos compañeiros non pasaran ao menos que se sacaran as camisetas que levaban en nas que se leía “máis emprego, menos decretazos, pola Folga Xeral !! nin abaratamento do despido, nin atraso na edade de xubilación, non máis recortes sociáis”. Naturalmente os/as concelleiros/as de EU non aceptaron esa chantaxe e polo tanto non poideron pasar para que nese acto quedara patente e  en primeira fila a posición da esquerda  de denuncia contra a política económica, social e laboral do PSOE.

Os concelleiros se incorporaron ao piquete de militantes de  EU que portamos unha pancarta contra os “decretazos” do Goberno e gritamos sin cesar consignas (despido libre para Pepe Blanco, Folga xeral, etc…) dende un alto da trincheira da autovía, rodeados de Guardia civil.  Entre as consignas que “aguaron a festa” ás autoridades e estómagos agradecidos non faltaron ás de apoio á loita pola República frente á monarquía do capital.  Tamén estiveron  con bó ánimo e  forza un numeroso grupo de compañeiros/as de Salva o Tren, para deixar patente o seu rexeito a unha política de transporte  e infraestructuras  que se carga o tren de cercanías, o tren que debe estar a o servicio da cidadanía.

Mas información: Esquerda Unida de Vilagarcía

Anuncios